Museo
buscar



COLECCIÓN / SALAS

O Barroco

Pintura relixiosa, mitolóxica, retrato e bodegón do XVII

Nesta sala, ideada dentro do plan museolóxico para acubillar pinturas de grande formato, están expostas algunhas das pezas máis representativas da colección de pintura barroca do museo. Obras que nos achegan ao xeito de pintar tan característico do século XVII, a través das diferentes escolas: española, francesa, italiana, framenga, inglesa... A pintura relixiosa multiplica a súa iconografía, cobrando grande importanca o xénero haxiográfico, que narra a vida e milagres dos santos católicos. O xénero mitolóxico -do cal temos excelentes exemplos no museo- practícase con profusión nesta época. Os retratos (principalemente cortesáns) tamén están ben representados a través das imaxes de personaxes masculinos e femininos de diferentes casas reais e nobres europeas. O XVII é un século onde a morte,  as guerras, as crises alimenticias e as pandemias, están moi presente nas vidas das familias europeas; o xénero das vanitas, coas súas complexas iconografías, trata de facer comprensible o feito luctuoso, falando ao espectador da fugacidade da vida terreal, e do inutil da vaídade humana. I audioguia

A apoteóse de Hércules

A apoteóse de Hércules

BORKENS, Jean Baptiste ()1611-1675
Óleo, Lenzo
189 x 212 cm

A caída de Ícaro

A caída de Ícaro

GOWY, Jacob Peter (ca.1615 - ca.1661)
Óleo, Lenzo
195 x 180 cm

Aquiles descuberto por Ulises

Aquiles descuberto por Ulises

HERP, Willem van (h. 1614-1677). Taller
Óleo, Cobre
56,5 x 107,8 cm

Dédalo e o Minotauro

Dédalo e o Minotauro

RUBENS, Pedro Pablo (1577-1640)
Óleo, Táboa
25 8x16 5 cm

Erictonio e as Cecrópidas

Erictonio e as Cecrópidas

HERP, Willem van (h. 1614-1677). Atribuido [Copia versionada de Rubens]
Óleo, Cobre
56,5 x 107,8 cm

Floreiros ante un espello

Floreiros ante un espello

ARELLANO, Juan de (1614-1676)
Óleo, Lenzo
126,3 x 106 cm


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.