Museo
buscar



COLECCIÓN / SALAS

A colección do século XIX

Paisaxes e retratos. Escultura. Artes decorativas do XIX

A sala 4 do museo está dedicada ao século XIX. Nela están expostas  algunhas obras de diferentes autores españois e europeos -nesta sala tamén están expostas algunhas creacións de pintores e escultores galegos do XIX-. En pintura, o xénero da paisaxe ten un gran desenvolvemento ao longo do século, tanto na vertente máis romántica e exótica, como na pintura máis realista e a feita directamente do natural. O retrato español é un xénero moi importante no XIX, xa que as novas clases burguesas comezan a acceder aos servizos que ofertan os retratistas, que traballan con oficio, de xeito meticuloso,  amosándonos con realismo e detalle as modas das clases altas da época. A pintura rexionalista tamén xurde con forza na segunda metade do XIX; no museo está representada a través de varios cadros que nos mostran personaxes que portan o traxe tradicional de Galicia. Para completar o século, a pintura realista, ademáis de representar con fidelidade personaxes e escenarios, fai protagonista da arte a grupos sociais esquencidos con anterioridade. Cómpre destacar tamén a presencia doutras técnicas diferentes ao óleo, como os gravados -litográfico e calcográfico-, as acuarelas e os debuxos. As artes decorativas cobran sentido nesta sala como exemplo dos gustos da época: abanos, antucas, libros, moedas, miniaturas, mobéis, reloxos, etc. Ademáis aparecen algunhas esculturas de pequeno e mediano formato. I audioguia

A catedral de Saint Jacques Le Mineur de Liexa (Bélxica)

A catedral de Saint Jacques Le Mineur de Liexa (Bélxica)

PÉREZ VILLAAMIL DUGET, Jenaro (1807-1854)
Acuarela, Papel
35x47 cm

Aldea galega

Aldea galega

AVENDAÑO, Serafín (1838-1916)
Óleo, Lenzo
20,7 x 16,4 cm

Castigo

Castigo

MUÑOZ LUCENA, Tomás (1860-1943)
Óleo, Lenzo
124.5 x 192 cm

Epílogo

Epílogo

CUTANDA TORAYA, Vicente (1850-1925)
Óleo, Lenzo
76 x 192 cm

Interior de catedral

Interior de catedral

PÉREZ VILLAAMIL DUGET, Jenaro (1807-1854)
Óleo, Cinc
31 8x42 2 cm

Neno con traxe escocés

Neno con traxe escocés

NAVARRO GARCÍA VINUESA, Román (1854-1928)
Óleo, Lenzo
32,7 x 24,7 cm


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.