Museo
buscar



COLECCIÓN / ANOS

Speculum Humanae Vitae. Danza de la Muerte

FICHA TÉCNICA

Speculum Humanae Vitae. Danza de la Muertec.1590-c.1630

ANÓNIMO (Artes Aplicadas.)

Nº Inventario: 3289

Técnica: Tecido manual de tafetán

Soporte: Liño, la e seda

Dimensións: 334 x 252 cm

Procedencia: Doazón de Condesa Esteban de Collantes

Comentario:
Na parte central e orlado nos laterais por unha Danza da Morte, sitúase o marco arquitectónico dun monumento sepulcral que ten como motivo principal, unha Roda da Fortuna (representada aquí como Roda das Vaidades) a cuxos pés xace un defunto no sepulcro aberto. Nos sectores definidos polos radios da Roda da Fortuna sitúanse na parte superior as xerarquías eclesiásticas e na inferior as dignidades seglares. Ao redor desa Roda dispóñense elementos iconográficos do mundo medieval cristián: Adán e Eva, o ceo e o inferno, e da cultura clásica: As tres Parcas (Clotó, Láquesis e Atropos), que simbolizan os actos da existencia humana, nacer, vivir e morrer, os anxos das tebras e os símbolos representados nos pináculos. O programa iconográfico complétase con numerosas lendas que ocupan o tapiz, algunhas encadrando as escenas da orla e outras distribuídas polos elementos arquitectónicos do monumento representado, destacando entre elas, a que o coroa: SPECULUM HUMANAE VITAE (Espello da vida humana).

O tema central do tapiz inspírase na estampa ‘Alegoría da morte’ do gravador italiano Andrea Andreani (c.1560-1623), que á súa vez se inspira no debuxo que Giovanni Fortuna, debuxante e ourive sienés, realiza en 1588.
Na iconografía funeraria o esqueleto proclama o triunfo da morte. O barroco fixo da morte motivo de meditación, coa súa imaxe exhortábase aos fieis ao desapego da realidade visible e convidáballes ao arrepentimento. A Roda da Fortuna simbolizaba a vaidade do mundo e a incerteza do destino humano e era un recordatorio da fugacidade das glorias terreais.

ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Audioguias

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.