Museo
buscar



EDUCACIÓN / A ESCOLA

VISITAS E ACTIVIDADES EDUCATIVAS DO MUSEO

As visitas guiadas consisten nun percorrido didáctico polas salas do museo adaptado aos diferentes niveis educativos. Para o alumnado de infantil e primaria, e algúns percorridos de secundaria, a actividade inclúe a realización dun obradoiro.

As visitas serán guiadas por un educador propio do museo, que favorecerá o achegamento do alumnado ás diferentes formas artísticas de xeito dinámico e lúdico, fomentando a participación e estimulando a súa creatividade.

O profesorado pode solicitar o envío de información específica sobre as actividades que realizarán os escolares dun determinado nivel.

Tamén existe a posibilidade de que o profesorado desenvolva e guíe unha actividade propia, previa confirmación do Museo.

A visita é gratuíta. O museo ten reservado un espazo para a parada do transporte escolar e unha praza exterior descuberta para merendar.

Calendario e horarios
A partir do 18 de outubro de 2016 ata o 16 de xuño de 2017.
De martes a venres ás 10:00 e ás 11:30 h.

*Os centros educativos que teñan dificultades para asistir ao museo neste horario (por motivos de procedencia xeográfica ou de organización do propio centro), poden poñerse en contacto con nós e solicitar unha visita nun horario diferente ao establecido.

Duración aproximada das propostas educativas
1 hora e 30 minutos aprox.

Destinatarios
Escolares desde Educación Infantil (2 anos) a Bacharelato.
Grupos de 60 persoas máximo. [O museo conta con dous educadores]

Solicitude e reserva de visita
Teléfono - 881 881 700  (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h)
Fax - 881 881 701
E-mail - mu.belas.artes.difusion@xunta.es
Web - click aquí
A través do programa educativo do concello da Coruña: Coruña de aventura


-------------------------------------------------------------------------------------------

RECURSOS EDUCATIVOS

GALERIA DE IMAXES

RESERVAR VISITA

CONTACTAR CO DEPARTAMENTO DE DIFUSIÓN


volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2016-2017

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO e Bacharelato (pdf)

Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.