Museo
buscar



EDUCACIÓN / A ESCOLA / INFANTIL

O PRIMEIRO CONTACTO



Desde o Museo de Belas Artes estamos convencidos da importancia de abrir o noso centro aos más pequenos, para que desde os primeiros niveis educativos adquiran o costume de asistir aos centros culturais e estar en contacto coas obras de arte. Aquí vivirán a aventura de descubrir os “tesouros” recollidos nas salas do museo.


PROPOSTAS EDUCATIVAS    EDUCACIÓN INFANTIL    CURSO 2017 -2018

A incríbel historia dunha pinga de pintura azul Unha actividade pensada para os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Infantil concibida como unha primeira aproximación ao mundo dos museos. Unha visita de carácter narrativo na que percorreremos os distintos espazos do museo acompañados dunha pinga de pintura azul que nos contará a súas aventuras e descubrimentos acerca das cores, as figuras e a arte. +Info



Un museo para os cinco sentidos Unha visita-taller para o alumnado de infantil na que percorreremos os distintos espazos do museo co fío condutor dos cinco sentidos. Cada unha das obras escollidas nos axudará a reflexionar sobre os distintos sentidos descubrindo de xeito lúdico e experiencial que podemos achegarnos a arte indo moito máis alá da observación visual +Info



O mar e o museo  Este percorrido ten como eixe temático o mundo mariño. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubriremos cadros e esculturas que nos permitirán coñecer, compartir e reflexionar sobre todos eses aspectos relacionados con este fascinante medio. Ao finalizar o percorrido polas salas, o alumnado creará o seu propio álbum de cadros do museo. +Info






volver


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2018-2019

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO e Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.