Museo
buscar



EDUCACIÓN / A ESCOLA / PRIMARIA

CADA ANO, UNHA EXPERIENCIA NOVA

Desde o Museo de Belas Artes estamos convencidos da importancia de abrir o noso centro aos más pequenos, para que desde os primeiros niveis educativos adquiran o costume de asistir aos centros culturais e estar en contacto coas obras de arte. Aquí vivirán a aventura de descubrir os “tesouros” recollidos nas salas do museo.


PROPOSTAS EDUCATIVAS   EDUCACIÓN PRIMARIA    CURSO 2018 -2019


PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA

O labirinto do minotauro. Neste percorrido, o alumnado dos primeiros cursos de primaria descubrirá a colección do museo a través dunha escolma de cadros cun claro contido narrativo e fantástico. Moitos cadros agochan historias que, a simple vista, non chegamos a percibir; por iso é preciso observar cada detalle e analizar cada un dos elementos dos que se compón a imaxe. +Info




Habitando cadros. 
Esta visita-taller, especialmente pensada para os alumnos e alumnas dos primeiros cursos de primaria, ten como fío conductor as escenografías dos cadros. Que pasaría se vaciásemos os cadros de personaxes e figuras? continuarían a suxerirnos o mesmo? +Info


TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

Os obxectos falan. Esta visita-taller plantexada para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria centrarémonos nos obxectos que temos no museo e que aparecen representados nos cadros. Partindo da idea de colección reflexionaremos sobre a importancia que habitualmente lle outorgamos aos obxectos aínda que estes non teñan moitas veces un valor máis alá do sentimental. + Info
 


Que quero ser de maior? A colección do museo posúe un bo número de cadros e esculturas que fan referencia ao mundo das profesións. Neste percorrido, os nenos e nenas descubrirán nos cadros, a través da observación, unha morea de oficios antigos e modernos: mestras, músicos, soldados, labregas, mariñeiros, escritoras, etc. Durante o mesmo, fixándonos nos detalles, falaremos de como se desenvolvían eses traballos e como foron mudando ao longo do tempo.  +Info


QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA


Imaxinando un museo Neste percorrido visitamos algunhas das obras sobranceiras do museo, pertencentes a diferentes períodos artísticos. Ademais de coñecer os diversos xéneros e estilos artísticos, descubriremos algunhas funcións do museo: coleccionar, conservar, restaurar, expoñer... Despois da visita guiada, faremos un obradoiro no que os alumnos terán que crear a súa propia exposición de arte. +Info


Próxima estación: museo Esta visita-taller orientada aos últimos cursos de educación primaria plantexaremos o noso percorrido polo museo coma unha viaxe no tempo e no espazo. Visitaremos distintos recunchos da cidade da Coruña e algunhas rexións da península, desplazarémonos a outros países e continentes do mundo e visitaremos aqueles lugares fantásticos que xurdiron da imaxinación dalgúns dos nosos creadores. +Info


volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2018-2019

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO e Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.