Museo
buscar



EDUCACIÓN / A ESCOLA / Eso e Bacharelato

O museo, ferramenta de aprendizaxe

Desde o Museo de Belas Artes queremos que a visita ao museo sexa unha experiencia didáctica significativa dentro do currículo educativo dos alumnos dos dous ciclos da ESO.  Así, ofrecemos aos institutos e colexios unha programación didáctica específica, adaptada aos diferentes niveis educativos de secundaria e relacionada coas obras que nel se expoñen.

Os centros que nos visiten poderán optar por unha visita xeral polas diferentes salas do museo, a través dunha escolma de obras destacadas de diferentes épocas e estilos. Ademais propoñemos diferentes visitas temáticas.


PROPOSTAS EDUCATIVAS    SECUNDARIA   CURSO 2018 - 2019


Mirar. Ver. Percibir. Un percorrido adaptado aos distintos niveles da Secundaria no que, a través dunha escolma de obras, daremos a coñecer algunhas das pezas máis destacadas da colección do museo. Dun xeito ameno e atractivo, fomentando en todo momento a participación e o diálogo entre os alumnos, descubriremos as distintas lecturas que se lle poden dar a unha mesma obra de arte. +Info




PERCORRIDOS TEMÁTICOS

Enigma no museo Percorrido pensado para o alumnado de primeiro ciclo de ESO. Como se fóramos detectives, e traballando en grupo, debemos resolver os enigmas que irán aparecendo nesta viaxe polo museo que nos levará a diferentes escenarios no tempo e no espazo. Unha vez finalizado o percorrido polas salas, cada grupo realizará unha última proba, un mural no que terán que expresarse artisticamente. +Info

Os gravados de Goya Visita centrada na colección de gravados de Francisco de Goya, estampas nas que amosa con total liberdade as súas ideas sobre a sociedade do seu tempo. Centrámonos nas series Caprichos, na que o xenio aragonés fai unha forte crítica á sociedade de finais do século XVIII, e Os desastres da guerra, nos que Goya fai unha denuncia dos horrores da guerra que ten valor universal. +Info



As mulleres no museo Con este percorrido pretendemos achegarnos ás obras do museo desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionaremos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas. Para o primeiro ciclo da ESO, completamos a visita cun obradoiro dedicado ás mulleres artistas máis destacadas de Galicia e do panorama internacional. +Info

Arte e Texto. Nesta actividade pensada para os alumnos e alumnas da secundaria o fío conductor do noso percorrido será a vinculación entre as artes plásticas e o mundo das letras. Será unha visita na que se traballará a arte de xeito transversal. A historia da pintura e da escultura non se pode desvincular do que acontece noutras expresións artísticas e moitos dos autores da nosa colección se viron inspirados dun xeito directo ou indirecto polo mundo das letras. +Info


volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2018-2019

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO e Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.