Museo
buscar



BACHARELATO


DISPOSICIÓNS PARA UNHA VISITA ESCOLAR SEGURA Ó MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA.

Coas novas medidas sanitarias e de seguridade pola COVID-19 o Museo de Belas Artes da Coruña establece as seguintes dinámicas relativas ás visitas escolares:


  • Os grupos escolares que nos visiten terán que ser sempre aulas nido: grupos estancos que cohabiten no espazo escolar das aulas. Deste xeito non recibiremos dúas aulas simultáneamente nin grupos compostos por particións de aulas.
  • O número máximo establecido é de 30 persoas (contando cos/as profesores/as acompañantes). Se o grupo que nos visita é de máis de 20 persoas partirase en dous para facilitar o desprazamento polas salas do museo.
  • As visitas durarán 1 hora e 15 minutos. Realizaranse en dúas quendas de mañán: ás 10:00 e ás 11:30. Deste xeito garantimos un tempo intermedio para que non haxa máis dun grupo de escolares coincidindo no espazo do museo. Pedimos así a máxima puntualidade.
  • O grupo escolar terá que respectar a distancia de dous metros de calquera visitante ou traballador/a do museo.
  • O alumnado e os/as responsables deberán levar máscara durante toda a visita. En caso de que haxa algún caso individual no que exista unha xustificación de non levala por contraindicación médica o/a responsable do grupo terá que informar ó museo antes do día da visita.
  • O/a profesor/a acompañante do grupo será en todo momento responsable do cumplimento das normas e dinámicas aquí expostas.
  • Ao entrar no Museo, o/a responsable do grupo se dirixirá ó mostrador para que se tome rexistro. Mentres se realiza este trámite o grupo deberá permanecer no espazo indicado polo persoal de atención ó público.
  • As visitas serán dinamizadas alentando sempre a participación.
  • Quedan suspendidos polo momento os talleres ou as dinámicas onde se manipulen obxectos.
  • O servizo de consignas está fóra de servizo. Non se permite a entrada con bolsas, mochilas ou paraugas.


Para calquera comentario, proposta ou suxerencia podedes poñervos en contacto con nós nas canles habituais:

Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Teléfono: 881 881 700



VIVIR O MUSEO


O contacto directo coa obra de arte, polo que ten de expresión cultural e de recurso documental, é un exercicio moi interesante para o alumnado dos niveis superiores do sistema educativo. Outro aspecto importante da visita ao museo é, ademais, converter a asistencia aos centros culturais nun feito común na vida dos alumnos de bacharelato.

O museo oferta para os alumnos de bacharelato un programa de visitas guiadas por educadores especializados, que tentarán fomentar este hábito, conectando a colección do museo cos contidos recollidos no currículo educativo, asi como cos intereses persoais das novas xeracións. Tamén poñemos a disposición do profesorado a opción de que eles mesmos poidan organizar a súa propia visita,  escollendo o percorrido e as obras máis axeitadas para o seu nivel e asignatura, dentro da ampla colección do museo, que abrangue desde o século XVI ata a actualidade.


PROPOSTAS EDUCATIVAS   BACHARELATO    CURSO 2019 - 2020



Visita xeral á colección do museo Visita xeral á colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e a abstracción. Os alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que estean a cursar o bacharelato de artes, serán obxecto dunha atención especial, sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para os contidos da aula. +Info


Os gravados de Goya Visita centrada na colección de gravados de Francisco de Goya, estampas nas que amosa con total liberdade as súas ideas sobre a sociedade do seu tempo. Centrámonos nas series Caprichos, na que o xenio aragonés fai unha forte crítica á sociedade de finais do século XVIII, e Os desastres da guerra, nos que Goya fai unha denuncia dos horrores da guerra que ten valor universal. +Info



As mulleres do museo Con este percorrido pretendemos achegarnos ás obras do museo desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionaremos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas.

+Info



volver


ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.