Museo
buscar



BACHARELATO

VIVIR O MUSEO

O contacto directo coa obra de arte, polo que ten de expresión cultural e de recurso documental, é un exercicio moi interesante para o alumnado dos niveis superiores do sistema educativo. Outro aspecto importante da visita ao museo é, ademais, converter a asistencia aos centros culturais nun feito común na vida dos alumnos de bacharelato.

O museo oferta para os alumnos de bacharelato un programa de visitas guiadas por educadores especializados, que tentarán fomentar este hábito, conectando a colección do museo cos contidos recollidos no currículo educativo, asi como cos intereses persoais das novas xeracións. Tamén poñemos a disposición do profesorado a opción de que eles mesmos poidan organizar a súa propia visita,  escollendo o percorrido e as obras máis axeitadas para o seu nivel e asignatura, dentro da ampla colección do museo, que abrangue desde o século XVI ata a actualidade.


PROPOSTAS EDUCATIVAS   BACHARELATO    CURSO 2015 - 2016



Visita xeral á colección do museo Visita xeral á colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e a abstracción. Os alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que estean a cursar o bacharelato de artes, serán obxecto dunha atención especial, sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para os contidos da aula. +Info


Os gravados de Goya Visita centrada na colección de gravados de Francisco de Goya, estampas nas que amosa con total liberdade as súas ideas sobre a sociedade do seu tempo. Centrámonos nas series Caprichos, na que o xenio aragonés fai unha forte crítica á sociedade de finais do século XVIII, e Os desastres da guerra, nos que Goya fai unha denuncia dos horrores da guerra que ten valor universal. +Info



As mulleres do museo Con este percorrido pretendemos achegarnos ás obras do museo desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionaremos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas.

+Info



volver


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2017-2018

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO (pdf)

Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.