Museo
buscar



EDUCACIÓN / ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

UN MUSEO SEN BARREIRAS

O museo quere trasladar o seu interese por fomentar a participación de todas as persoas nas actividades educativas que se desenvolven no mesmo. O obxectivo é proporcionar a inclusión de grupos tradicionalmente afastados das institucións culturais e, na medida das posibilidades do centro, protexer os seus dereitos, facilitar recursos para que podan desenvolver as súas capacidades e darlles alternativas para a integración social.

Trátase de normalizar o acceso ao museo, de facer asequibles os seus contidos e as súas actividades a todos e de sensibilizar á cidadanía para que se respecte e se favoreza o acceso ao ocio e a cultura de todos e todas.

Nos últimos tempos visitaron o museo diferentes asociacións que traballan con grupos de diversidade: enfermos de Alzeihmer, axuda a drogadicción, integración de emigrantes, grupos de discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais. O museo está aberto a todos eles para que repitan a experiencia, e a grupos novos que poidan estar en interesados en visitarnos e participar nas actividades.

Os grupos interesados en acudir ao museo poden solicitar unha visita xeral ao mesmo, ou ben a realización da seguinte actividade:


As cores da natureza Unha actividade que combina unha visita guiada polas salas do museo e un obradoiro plástico, e que ten como fío condutor a representación da natureza na arte. A través do xénero paisaxístico e da colección de esculturas do museo descubriremos unha morea de cousas sobre o mundo da arte, antes de crear nos a nosa propia paisaxe, utilizando elementos que existen na natureza: follas, area, barro... +Info


Se desexa visitar o museo co seu grupo ou asociación, pode poñerse en contacto con nós a través das seguintes canles:

Teléfono - 881 881 700  (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h)
E-mail - mu.belas.artes.difusion@xunta.es
Web - click aquí

As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida.

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2017-2018

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO (pdf)

Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.