Museo
buscar



EDUCACIÓN / ADULTOS

UN MUSEO ABERTO Á CIDADANÍA

Durante todo o ano, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza actividades educativas para adultos. O obxectivo e favorecer o coñecemento da colección do museo en particular, e do mundo da arte en xeral. A dirección do museo organiza os programas pensando en todo tipo de público, procurando ofertar actividades que sexan amenas, didácticas, divulgativas e accesibles. Trátase de presentar unha alternativa cultural para o tempo de lecer, tendo en conta os diferentes intereses dos diversos colectivos sociais, destacando a preocupación por ofertar programas de calidade aos nosos maiores. En diversos momentos do ano, organízanse visitas guiadas á colección permanente e as exposicións temporais. Desde o museo tamén organizamos cursos divulgativos sobre o mundo da arte e os museos, coloquios, xornadas, presentacións e conferencias.

VISITAS  PARA ADULTOS (GRUPOS ORGANIZADOS):

Visita xeral ao museo A través das diferentes salas iremos coñecendo as pezas máis destacadas que están expostas no museo, nunha viaxe polo tempo que nos leva desde as obras do renacemento e barroco ata as pezas de arte contemporánea, pasando polos gravados de Goya, as obras dos pintores realistas e románticos do XIX, e as pinturas e esculturas máis destacadas dos artistas galegos representados na colección.


As mulleres do museo é unha visita guiada que pretende facer unha achega ao papel que xogaron as mulleres no mundo da arte, nun dobre sentido: como é representada a muller ao longo da historia da arte, e como as mulleres van accedendo, paseniño e con dificultades, ao oficio ou condición de artistas. Unha visita á colección de sempre pero desde un punto de vista non tradicional que invita á reflexión.



A arte galega no Museo de Belas Artes É un percorrido polas obras dos artistas galegos que están representados na colección do Museo, e que nos permiten coñecer o desenvolvemento da plástica galega desde o século XIX ata a actualidade. A través de artistas de diferentes estilos e épocas como Villaamil, Seoane, Lugrís ou Leiro, entre outros, coñeceremos as diferentes creacións artísticas xurdidas desde Galicia neste tempo, relacionándoas co seu contexto.


A Arquitectura do museo Para todos aqueles grupos interesados no deseño e na arquitectura ofrecemos a posibilidade de coñecer desde outro punto de vista o museo, facendo unha visita guiada polas diferentes instalacións do edficio, co fin de coñecer mellor esta obra senlleira da arquitectura galega contemporánea, deseñada por Manuel Gallego Jorreto, que acadou o Premio Nacional de Arquitectura.


RESERVAR VISITA

BookCrossing no Museo

do 23 ao 30 de abril de 2019

horario de apertura do museo, Xeral

IntercambiArte con nós

do 23 ao 30 de abril de 2019

de 9:30 a 14:30 horas, de luns a venres, Xeral

VISITAS GUIADAS
De Sotomayor a Quessada. Tradición e modernidade na pintura galega

Sábados, do 6 de abril ao 1 de xuño de 2019

18:30 h, General

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2018-2019

Educación infantil (pdf)

Educación primaria (pdf)

ESO e Bacharelato (pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.