Museo
buscar



NANUEL GALLEGO JORRETO

MANUEL GALLEGO JORRETO

“A arquitectura é a construción de espazos para resolver as necesidades do homes. Tamén é unha construción intelectual, supón unha actitude ante os modos de habitar. Como construción sensible é capaz de provocar a emoción.”

 Nace na vila ourensá do Carballiño en 1936.  En 1963 licenciouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Unha vez titulado, entra no estudio do prestixioso arquitecto Alejandro de la Sota ata 1966. A partir deste ano, a súa andaina profesional vincúlase ao Ministerio de Vivenda, chegando ao cargo de Arquitecto Xefe dos Servizos Provinciais de Urbanismo da Coruña.

 Leva moitos anos vinculado á docencia e ao mundo universitario, sendo desde o ano 2002 catedrático de do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

 Manuel Gallego foi amplamente recoñecido pola crítica, acadando numerosos premios e mencións. Co Museo de Belas Artes da Coruña obtivo o premio Nacional de Arquitectura Española en 1997. Antes xa recibira o Premio Galicia de Arquitectura en 1983; o 1º Premio Julián Galán dos Colexios de Arquitectos de León, Asturias e Galicia polo Museo de Arte Sacra da Coruña, en 1991. Recentemente foi nomeado Premio Nacional da Cultura Galega en 2008 pola súa traxectoria profesional. Ademais foi finalista na Bienal Iberoamericana de 2006.

 O seu legado arquitectónico, espallado por toda a xeografía galega, é abraiante: a súa casa en Corrubedo, o Museo de Belas Artes da Coruña, as casas da cultura de Valdoviño e de Chantada, os institutos de investigación da Universidade de Santiago, a Facultade de Ciencias Sociais de Elviña, o Museo de Arte Sacra na Coruña, o complexo presidencial de Santiago de Compostela...

 Quizais o seu edificio máis significativo sexa o propio museo de Belas Artes da Coruña. Como afirma David Cohn, «é difícil atopar palabras para unha obra tan sutil, sabia e finamente elaborada como é o museo de Belas Artes. Nas mans de Manuel Gallego, a arquitectura destílase e ascende para converterse nun medio de percepción sensual, de materia, de movemento, espazo e luz, sen renunciar a ningunha das súas responsabilidades máis terreais»

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.