Museo
buscar



OS BOSQUEXOS AO ÓLEO

Estas dúas obras de pequeno formato son bosquexos feitos por Rubens como modelos para ser reproducidos despois na Torre da Parada, feitos por un encargo do rei Felipe IV. O tema é mitolóxico e está relacionado coas metamorfoses de Ovidio e Apuleyo. Rubens atendeu o encargo de Felipe IV desde a cidade de Amberes, onde residía na altura dos anos 30 do século XVII.

En Dédalo e o labirinto está representado –dun xeito nada convencional – o arquitecto do  labirinto do Minotauro, contratado polo rei Minos para construír un recinto onde encerrar Á criatura. Como atributos da súa profesión, Dédalo leva a escuadra e o compás. Ademais Rubens píntao nunha actitude de amizade co Minotauro, posando a súa man esquerda sobre o lombo da besta, aínda que a composición reflicte un certo engano de Dédalo cara o Minotauro, ao amosarlle a construción onde este quedaría atrapado, poñendo en evidencia a superioridade da intelixencia sobre a forza.

Psique representa á fermosísima ninfa que foi quen de namorar a Cupido, fillo de Afrodita. Aparece representada sostendo coa man dereita o frasco que contiña auga de Xuvencia, do que sae o vapor que provocou o seu longo sono. Letargo do que, segundo nos conta o mito, foi espertada por unha frecha de Cupido. A ninfa Psique, cun movemento ondulante, sitúase sentada nunha nube. Destacan as cores vivas e os pregues da túnica e a dozura da faciana, nunha composición que nos recorda a mestría de Rubens á hora de representar a figura feminina.

 

 

                                 

                 Psique                                                             Dédalo e o Minotauro


UNHAS TÁBOAS MOI VIAXEIRAS

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.