Actividades

conciertos
Venres 10 e sábado 11 de xullo - 20:30
Salón de actos do museo

CONCERTOS VIA STELLAE

PROGRAMA

Venres 10 de xullo ás 20:30

Marju Vatsel, clave. Farran james, violín. Santi Mirón, viola de gamba. As sonatas para clave, violín e viola de gamba de Bach

Sábado 11 de xullo ás 20:30

Guillemette Laurens, mezzosoprano. Manuel Vilas, arpa de dúas ordes. Tolemias de amor: cancións amorosas na Italia e na España do século XVII: Caccini, Frecobaldo, Merula, Vázquez, Hidalgo, Kapsberger, Ferrari.

conciertos
31 de maio, 14 e 21 de xuño - Domingos ás 12:00
Salón de actos do museo

PROGRAMA

Domingo 31 de maio ás 12:00

G. Rossini (1792-1868) F. Carilli (1770-1841) -Sinfonías de ópera para violín e guitarra-

Domingo 14 de xuño ás 12:00

L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 1 en dó maior, Op. 21, versión para quinteto de cordas / Sinfonía num. 6 en fa maior, Op. 68, versión para sexteto de cordas.

Domingo 21 de xuño

L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 3 en mi bemol maior, Op. 55, versión para terceto de cordas

 

otros
Do 23 de maio ao 20 de xuño - Sábados as 18:30
Salas de exposición permanente do museo

CONTACONTOS

Destinado a un público familiar von nenos de 4 a 10 anos. Na súa viaxe a través do museo, os visitantes deterán a súa ollada e darán renda solta á imaxinación en tres recunchos escollidos do museo nos que atoparán unha escena composta por unha contadora e un ilustrador, os cales cobrarán vida ante o público para narraren unha historia que tomará como referencia algún cadro da colección permanente do museo. Prazas limitadas.

CALENDARIO

Sábado 23 de maio ás 18:30

Sábado 6 de xuño ás 18:30

Sábado 13 de xuño as 18:30

conciertos
29 de abril e 3 de maio - 29 de abril 20:30 / 3 de maio 12:30
Salón de actos do museo

PROGRAMA NO MUSEO

Mércores 29 de abril ás 20:30

Aleksander Kolkovski violín Stroh e fonógrafos

 

Domingo 3 de maio ás 12:30

Cuarteto Ephimere

Espazos sonoros programación do ciclo.

talleres
Do 30 de xuño ao 31 de xullo - 10:30-13:30
Museo de Belas Artes

O 2009, ano Internacional da Astronomía, é motivo de numerosas actividades arredor dun apaixoante tema que esperta a curiosidade e o interese e quen nas artes un dos seus reflexos máis interesantes.

  Por tal motivo, este verán os astros chegan ao Museo de Belas Artes através dunha proposta multidisciplinar na que se mesturan as artes plásticas e visuais, a literatura e a música.