Actividades

cursos
Mércores, 31 outubro, 7, 14, 21 e 28 de novembro - de 11.30 a 12.30 h
Salón de actos

Oscontidos do curso versarán fundamentalmente sobre conceptos xerais de pintura barroca,tomando como punto de partida as novas obras incorporadas recentemente nacolección permanente do museo, e abordando cuestión como a visión artística e ocontexto histórico e social no que se desenvolven, a figura do artista e a súaobra, así como os xéneros e a iconografía.

cursos
Mércores, do 18 de abril ao 20 de xuño de 2012 - das 11:30 ás 12:30 h
Salón de actos do museo

O curso, organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e a Deputación da Coruña, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado, pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de forma amena e divertida, sobre a Historia da Arte, aínda que analizada a partir das distintas temáticas empregadas ao longo da historia, sendo nesta ocasión a través do xénero do retrato.Ao longo de 10 sesións achegarémonos a este xénero específico da historia da arte: o…

cursos
Martes, do 11 de outubro ao 20 de decembro - Martes de 11:00 a 12:00
Salon de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado,pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de formaamena e divertida, sobre a Historia da Arte e os fundamentos da pintura,da arquitectura e da escultura desde a Antigüidade ata a actualidade,utilizando como exemplos algunhas das obra pertencentes aos grandesmuseos e facendo especial fincapé na colección permanentedo Museo de Belas Artes.

RESERVA DE PRAZA:

. Desde esta web (premer aquí)

cursos
Martes, do 5 de outubro ao 21 de decembro de 2010 - das 11.30 ás 12.30 h
Salón de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto, non especializado pero si interesado, que busque obter unha información básica, dun xeito ameno e divertido, sobre a historia da arte desde a Antigüiidade ata a actualidade, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ás coleccións dos máis importantes museos e facendo especial fincapé na colección permanente do Museo de Belas Artes.

 SESIÓNS: Neste segundo ciclo os contidos distribuiranse do seguinte xeito:

cursos
Sábados, 6, 13 e 20 de novembro de 2010 - de 11:30 a 13:30 h
Salón de actos do museo

Estructura e contidos:

6 de novembro. O MODELO DRAMATÚRXICO NAS ARTES PLÁSTICAS

Dramaticidade e teatralidade nas artes plásticas. Abstracción, realismo e mímese  en artes escénicas e artes plásticas. As artes plásticas como espectáculo. A forma, a experiencia estética e a comunicación nas artes.

PRÁCTICA: Análise dun cadro desde o punto de vista teatral

 

13 e 20 de novembro. OS OFICIOS DOS ARTISTAS PLÁSTICOS NO TEATRO

cursos
Do 24 de marzo ao 23 de xuño - Todos os mércores de 11:30 a 12:30
Salón de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque obter unha formación básica y amena sobre a Historia da Arte. Nesta ocasión será a partir da temática mitolóxica ao longo das obras artísticas realizadas nas distintas épocas e nos diferentes estilos artísticos, empregando como fío conductor as máis famosas obras custodiadas nos principais museos do mundo.

Realizarase un percorrido pola mitoloxía centrada principalmente na greco-romana, pero tamén achegándose ás representacións de mitos doutras culturas, como a azteca ou a exipcia entre outras.