Actividades

visitas
Out. 2009 - xullo 2010 - 10:00 - 20:00
Museo de Belas Artes

VISITAS TEMÁTICAS PARA ADULTOS (GRUPOS ORGANIZADOS):

VISITA XERAL AO MUSEO. Unha visita polo máis destacado da colección do Museo de Belas Artes da Coruña. Coñeceremos pezas que van desde o século XVI ata o XXI, facendo un percorrido polos diferentes estilos que se sucederon a longo do tempo: renacemento, barroco, romanticismo, realismo, rexionalismo, as vangardas e a arte que se realiza na actualidade.

obradoiros
Mércores, do 14 de abril ao 30 de xuño de 2010 - Das 18:00 ás 20:00 horas
Salón de actos do museo

Ciclo de conversas do obradoiro "Contos no museo"Con motivo do obradoiro Contos no museo que se está a celebrar nestas datas no Museo de Belas Artes da Coruña, organízanse uns encontros cos creadores Yolanda Castaño e Xosé Cobas, no que os alumnos do mesmo, así como todos os interesados no proceso de creación narrativa, poderán conversar coa escritora e o ilustrador, co  fin de enriquecer e completar a visión e o traballo que veñen desenvolvendo ao longo do obradoiro.YOLANDA CASTAÑO: mércores 28 de abril de 2010, ás 20:00 h.

obradoiros
Do 8 de maio ao 26 de xuño de 2010 - sábados as 18:00 horas
Salas do museo

Percorrido polas salas do século XX do museo, salpicado de mini-actividades diante das obras, e destinado a familias con nenos maiores de 5 anos. Cada obra converterase, a través dunha serie de recursos moi atractivos e da mirada conxunta de todos, en protagonista dunha historia. Ademais, obras e historias darán pé a xogos e actividades moi dinámicas.

 Sábados 8, 15, 22 e 29 de maio; 5, 12,1 9 e 26 de xuño

RESERVA DE PRAZA

. Desde esta web (premer aquí)

cursos
Do 24 de marzo ao 23 de xuño - Todos os mércores de 11:30 a 12:30
Salón de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque obter unha formación básica y amena sobre a Historia da Arte. Nesta ocasión será a partir da temática mitolóxica ao longo das obras artísticas realizadas nas distintas épocas e nos diferentes estilos artísticos, empregando como fío conductor as máis famosas obras custodiadas nos principais museos do mundo.

Realizarase un percorrido pola mitoloxía centrada principalmente na greco-romana, pero tamén achegándose ás representacións de mitos doutras culturas, como a azteca ou a exipcia entre outras.

obradoiros
Sábados, do 22 de maio ao 19 de xuño - de 10:30 a 14:00
Pranta baixa do museo

Obradoiro de gravado calcográfico e técnicas aditivas, impartido por Isabel Pintado, pintora gravadora e licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

obradoiros
Do 14 de maio ao 11 de xuño de 2010 - Venres de 16:30 a 20:00
Foro do museo

Obradoiro de gravado calcográfrico impartido por Anne Heyvaert, pintora e gravadora. Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) e Fundación CIEC de Betanzos.

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

obradoiros
Xoves e venres do 11 de marzo ao 4 de xuño - de 10:30 a 12:00
Foro do museo

Destinado a alumnos de 4º curso de ESO,e previa cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudiante co museo e as súas coleccións. Deste modo, partindo da observación das célbres aseries do pintor aragonés, os nenos realizarán os sesu propios gravados a punta seca sobre metal e PVC.

RESERVAR VISITA :

obradoiros
Do 26 de marzo ao 30 de abril - Venres de 16:30 a 20:00
Foro do Museo

Obradoiro de introdución ao gravado xilográfico impartido polo artista Ali Ali.

*Matrícula reservada a novos alumnos

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

conciertos
Venres 10 e sábado 11 de xullo - 20:30
Salón de actos do museo

CONCERTOS VIA STELLAE

PROGRAMA

Venres 10 de xullo ás 20:30

Marju Vatsel, clave. Farran james, violín. Santi Mirón, viola de gamba. As sonatas para clave, violín e viola de gamba de Bach

Sábado 11 de xullo ás 20:30

Guillemette Laurens, mezzosoprano. Manuel Vilas, arpa de dúas ordes. Tolemias de amor: cancións amorosas na Italia e na España do século XVII: Caccini, Frecobaldo, Merula, Vázquez, Hidalgo, Kapsberger, Ferrari.

conciertos
31 de maio, 14 e 21 de xuño - Domingos ás 12:00
Salón de actos do museo

PROGRAMA

Domingo 31 de maio ás 12:00

G. Rossini (1792-1868) F. Carilli (1770-1841) -Sinfonías de ópera para violín e guitarra-

Domingo 14 de xuño ás 12:00

L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 1 en dó maior, Op. 21, versión para quinteto de cordas / Sinfonía num. 6 en fa maior, Op. 68, versión para sexteto de cordas.

Domingo 21 de xuño

L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 3 en mi bemol maior, Op. 55, versión para terceto de cordas