Actividades

cursos
Martes, do 5 de outubro ao 21 de decembro de 2010 - das 11.30 ás 12.30 h
Salón de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto, non especializado pero si interesado, que busque obter unha información básica, dun xeito ameno e divertido, sobre a historia da arte desde a Antigüiidade ata a actualidade, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ás coleccións dos máis importantes museos e facendo especial fincapé na colección permanente do Museo de Belas Artes.

 SESIÓNS: Neste segundo ciclo os contidos distribuiranse do seguinte xeito:

obradoiros
xoves e venres, do 18 de outubro ao 21 de decembro - das 10.30 ás 12.00 h
Foro do museo

GOYA: RETRATOS E EXPRESIÓNSDestinado a alumnos de 4º curso de secundaria, e logo de cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e o coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudante co museo e as súas coleccións.

cursos
Sábados, 6, 13 e 20 de novembro de 2010 - de 11:30 a 13:30 h
Salón de actos do museo

Estructura e contidos:

6 de novembro. O MODELO DRAMATÚRXICO NAS ARTES PLÁSTICAS

Dramaticidade e teatralidade nas artes plásticas. Abstracción, realismo e mímese  en artes escénicas e artes plásticas. As artes plásticas como espectáculo. A forma, a experiencia estética e a comunicación nas artes.

PRÁCTICA: Análise dun cadro desde o punto de vista teatral

 

13 e 20 de novembro. OS OFICIOS DOS ARTISTAS PLÁSTICOS NO TEATRO

visitas
Do 2 de outubro ata o 12 de decembro de 2010 - Sábados 18:30 e domingos 12:30
Sala de exposicións temporais do museo

Programa de visitas guiadas á exposición dol 2 de outubro ao 12 de decembro de 2010:

Todos os sábados ás 18:30 e domingos ás 12:30. Entrada libre para o público en xeral

(Se pertence a algunha asociación ou grupo organizado e desexa unha visita guiada para o seu grupo, por favor, contacte con nós a través do seguinte formulario ou no teléfono 981 223 723 para concretar data e hora).

Duración aproximada: 60 min.

teatro
23, 24, 25, 26, 27 novembro de 2010 - de martes a venres ás 12:00 h, sábado ás 18:30 h
Salón de actos do Museo

COMPAÑÍA: Galitoon

obradoiros
sábados, 16, 23, 30 outubro e 6, 13, 20 novembro - das 17.30 ás 19.30 h
Foro do museo

Trátase dun proxecto didáctico especialmente deseñado para un público adolescente e universitario. Concíbese como un proxecto aberto no que os propios mozos serán os que concreten o discurso final da actividade. Este ano proponse traballar arredor de distintos espazos da cidade e como se pode incidir no seu cambio por medio de distintas accións artísticas. Traballaremos con técnicas como o graffiti ou a stencil-art.SESIÓNS DO OBRADOIRO:Sábados 16, 23, 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro de 2010, das 17.30 ás 19.30 h.RESERVA DE PRAZA :

otros
Sábados 16 e 30 de outubro, 6 e 20 de novembro - 18:30 h
Salas do Museo de Belas Artes da Coruña

CONTACONTOS: PABLÍSIMODestinado a público familiar, con nenos de 4 a 10 anos. Na súa viaxea través do museo, os visitantes deterán a súa ollada e darán renda soltaá imaxinación en tres recunchos escollidos do museo, nos que atoparánunha escena composta por un músico e unha contadora que cobraránvida ante o público para narrar algunha historia que tome comoreferencia algún cadro da colección permanente.RESERVA DE PRAZA: .

obradoiros
Do 11 de maio ao 8 de xuño - Martes e xoves de 18:00 a 20:00
Foro do museo

O dourado tradicional é unha técnica antiga que ten infinidade de aplicacións e pódense realizar en diferentes soportes: desde esculturas a caixas, marcos, mobles e espellos. Neste curso monográfico ensinaranse as técnicas de dourado tradicional con ouro fino: imprimación, estucado, embolado, colocación do ouro fino, bruñido e vernizado.

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

obradoiros
XULLO 2010 - De martes a venres de 10.30 A 13:30 -
Museo de Belas Artes da Coruña

ESCULTURA EN MOVEMENTO                          OBRADOIRO INFANTIL DE VERÁN                                                                                                                     CONTIDOS:Un ano máis o Museo de Belas Artes da Coruña organiza campamentos de verán no mes de xullo co obxectivo de acercar dun xeito lúdico a arte os rapaces e rapazas.

conciertos
16, 17 e 24 de xullo de 2010 - 20:30 horas
Salón de actos do museo

Na súa quinta edición o  Festival Via Stellae chega a este museo a través do Camiño inglés cun novo cartel enormemente atractivo, no que destaca a gran calidade dos seus intérpretes.

PROGRAMA

Venres, 16 de xullo

Enrique Pérez Piquer  (clarinete)Aníbal Bañados Lira  (piano)

Obras de Brahms e Octavio Vázquez

Sábado, 17 de xullo