Grandío, Constantino

Lousada (San Mamede, Guntín)
-
1924
Lousada (San Mamede, Guntín)
-
23/04/1977

Constantino Grandío López (Lousada, Lugo, 1925-Lugo, 1977). Grandío desprazarase á cidade de Lugo para cursar o bacharelato, antes de trasladarse a Compostela para iniciar a carreira de Filosofía e Letras, que nunca finalizará. Dedicarase con todo á escultura e a pintura, obtendo varios premios desde moi pronto. Consegue unha pensión da Deputación Provincial de Lugo en 1949 para continuar a súa formación artística en Madrid, aquí integrarase rapidamente, obtendo toda unha variedade de galardóns desde os anos cincuenta, expoñendo en variedade de galerías desde 1953. As súas mostras sucederanse durante os anos seguintes, dentro e fóra do territorio español. En xeral, a súa obra será enormemente persoal, plasmada nunha sorte de fantasías neblinosas, que se atopan nun difícil equilibrio entre o figurativo e o abstracto. Tons grises, verdes e azuis esvaecidos, que evocan paisaxes, ou creacións esquemáticas, sempre cun aspecto difuso. 

Obras do/a autor/a