Lloréns, Eva
Eva Lloréns Rodríguez (A Coruña, 1921-2004). Filla de pintor galego Francisco Lloréns, estudou Belas Artes na Universidade de Yale onde máis tarde tamén se licencia en Filosofía e Letras. A súa traxectoria profesional foi moi rica xa que foi profesora de Lingua Española no National Defense Institute. Traballou como correspondente da Revista Goya de Madrid desde Estados Unidos e foi catedrática de Literatura Española no Southern Connecticut College. A súa obra pictórica caracterízase polo equilibrio entre a forma e o contido. Traballa temas universais pero deixando entrever as súas orixes galegas plasmando en ocasións recunchos de pobos de Galicia, a través dun cromatismo onde predominan os grises tenues. Expuxo de forma individual en Estados Unidos e a partir de 1950 na Coruña e Madrid. Participou nunha mostra colectiva no Museo Reina Sofía xunto a outros dos seus coetáneos como Guinovart, Modest Cuixart ou Luís Feito. No campo da literatura as súas obras máis significativas son os estudos de Valle Inclán e a plástica, e a monografía sobre o seu pai Francisco Llorens. De volta en Galicia pasa os seus últimos días na Coruña ata o seu falecemento. Fuentes consultadas:Mon, F. et ao: Lloréns Rodríguez, Eva. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, t. 26. Lugo, O Progreso, Diario de Pontevedra, 2003, pp. 99, 100. Dicionario de pintores e escultores españois do século XX, T. 8. Madrid, Forum Artis, S. a., 1994, p. 2269.