Neefs el Viejo, Pieter
Pieter Neefs o Vello (Anveres, c. 1576-1656-1661). Supónselle nacido cara a 1576 en Anveres, onde residía a familia. A influencia de Hendrick van Steenwijck o Mozo na súa obra permite conxeturar que se formou con este artista, a través do cal debeu de coñecer os estudos de perspectiva de Vredeman de Vires que tanto impactaran ao mestre. Cara a 1609 ou 1610 ingresou no Gremio de Pintores de San Lucas e, desde entón, se manisfestou o seu interese pola representación de interiores de edificios, principalmente igrexas e catedrais góticas, que representou seguindo modelos estereotipados. O formato apaisado dos seus cadros é similar ao usado por Steenwijck e, como el, deixaba regularmente a pintura das figuras que transitan polas naves a outros artistas, como Frans Francken II ou Sebastian Vranx, xa que a colaboración entre distintos pintores era un trazo distintivo da pintura flamenca. Tamén como Steenwijck, pintaba en ocasións os seus interiores de igrexas con luz artificial. Algunhas desas igrexas son imaxinarias, pero en moitos casos trátase do interior da igrexa de San Pablo en Anveres. As sofisticadas transicións entre os espazos de luz e sombra son as principais características do seu estilo.