Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1820[ca]-1850[ca]

Abanico tipo pregable. Serie: loito. Varillaxe de óso calado con decoración vexetal. Gardas de óso recubertas con láminas de nácar caladas. País de dobre folla en papel con cromolitografías e coloreado a man con témpera. No anverso: Varios personaxes enlutados sitúanse ao redor dunha tumba, un deles le nun papel. Ao fondo dous anxos elevan unha figura feminina de aparencia etérea. Baixo a ilustración inscrición, Belleville nº 3 e 3 [? ]. No reverso: Personaxes de loito nun cemiterio cun anxo de ás despregadas ao fondo. Inscrición, B. V. 768. Craviño reforzado con virola de óso.

Folla técnica

Número de inventario:
5627
Materia / Soporte:
Óso
Papel
Nácar
Cronoloxía:
1820[ca]-1850[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Funeraria
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Vilas Durán, Francisco Javier (13/07/2007)
Historial:

 

 

Medidas:
Gardas: Altura = 27 cm; Anchura = 2 cm
País: Altura = 16 cm
Técnica:
Cromolitografía
Obxecto:
Abanico