Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1800-1860

Abanico pregable de tipo baralla con varillaxe (28 + 2) de óso pintado tipo Vernis Martin.
No anverso, represéntanse mediante a técnica do gouache tres escenas. A central é unha escena galante e nas laterais arquitecturas. As gardas pintadas tipo Vernis Martin posúen motivos vexetais e florais pintados ao goauche. No reverso utilízase a mesma técnica que no anverso acollendo na escena central unha paisaxe e nos medallóns laterais grilandas e vasos. A virola é de óso e o craviño de metal prateado. Voo: 160°.

Folla técnica

Número de inventario:
5634
Materia / Soporte:
Óso
Metal
Fibra téxtil
Cronoloxía:
1800-1860
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Instrumentos musicais
Escena galante
Paisaxe. Rural
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Vioque López, Guadalupe (25/09/2007)
Medidas:
Anchura = 17,5 cm
Gardas: Altura = 17 cm; Anchura = 1,5 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico