Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1770[ca]-1810[ca]

Abanico pregable con varillaxe (16 + 2) de madreperla. No anverso, a varillaxe de nácar está gravada e dourada con motivos vexetais. As gardas de nácar presentan motivos vexetais gravados. O país de dobre cara en papel. No anverso represéntanse pintadas con témpera varias escenas enmarcadas mediante orlas, no centro unha escena galante na que aparece pintado o nome Foutrel, e en dúas viñetas laterais instrumentos musicais, con aplicacións de abelorios. A virola é de nácar, o craviño de metal prateado e a argola de metal dourado. Voo: 167°.

Folla técnica

Número de inventario:
5468
Materia / Soporte:
Nácar
Cronoloxía:
1770[ca]-1810[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Instrumentos musicais
Escena campestre
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 21,5 cm; Anchura = 1,8 cm
País: Altura = 13,5 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico