Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1880-1890

Abanico plegable de voda con varillaje (16 + 2) de óso. País dobre de gasa. No anverso, a fonte está calada, gravada e pintada en cor dourada con motivos vexetais e xeométricos. O reverso da mesma non posúe ornamentación algunha. As gardas están caladas, gravadas e pintadas en cor dourada con motivos vexetais e xeométricos. No anverso do país, pintado con témpera, preséntanse diversos motivos florais e unha orla vexetal con aplicacións de abelorios dourados e rosas que enmarca unha figura masculina e outra feminina. O reverso do país, non posúe decoración. O ribete é unha liña contínua de cor dourada que morde o país por ambas as caras. A argola é de latón dourado, o clavillo de metal prateado e a virola de metal dourado. Voo: 165°

Folla técnica

Número de inventario:
5353
Materia / Soporte:
Óso
Óso
Latón
Metal
Metal
Cronoloxía:
1880-1890
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Figuras. Parella
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 21,5 cm; Anchura = 1,9 cm
País: Altura = 9,8 cm
Técnica:
Gasa
Aplicación de abelorios
Témpera
Obxecto:
Abanico