Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1890[ca]

Abanico plegable de loito con varillaje (15 + 2) de madeira lacada en negro e gasa. No anverso a fonte está calada e gravada con motivos vexetais e xeométricos. No reverso non presentan decoración. As gardas están caladas e talladas con motivos vexetais. O país é de gasa ornamentada con tres cintas de raso paralelas nos extremos superior e inferior. A parte central do país presenta unha escena con aves e motivos vexetais e florais pintados coa técnica do gouache.

O ribete é un remallado simple con fío negro simulando a pasamanería.

Voo: 140°

Folla técnica

Número de inventario:
5357
Materia / Soporte:
Madeira
Madeira
Latón
Metal
Nácar
Tecido
Cronoloxía:
1890[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 29,5 cm; Anchura = 2,4 cm
País: Altura = 16,4 cm
Técnica:
Gasa
Satén
Témpera
Obxecto:
Abanico