Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
Abanico: 1860[ca]

Abanico plegable de estilo isabelino con varillaje (16 + 2) de hasta loura. No anverso, a fonte está calada, tallada e pintada en dourado con motivos vexetais e florais. As gardas posúen a mesma decoración que o anverso da fonte. O país é dobre, no anverso de papel, utilízase a técnica cromolitográfica coloreada para representar unha escena galante con figuras humanas nunha paisaxe campestre, no ángulo inferior esquerdo está estampado o nome Dura. No reverso do país, no centro preséntase outra escena con tres figuras femininas e unha masculina. As representacións enmárcanse cunha orla vexetal en cor dourada en ambos os lados do país. Voo: 160 °.

Folla técnica

Número de inventario:
5469
Materia / Soporte:
Hasta
Hasta
Metal
Nácar
Papel
Cronoloxía:
Abanico: 1860[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Escena galante
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 26,5 cm; Anchura = 2,4 cm
País: Altura = 11 cm
Técnica:
Cromolitografía
Obxecto:
Abanico