Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1801-1900

Abanico pregable con varillaxe (21 + 2) de óso. No anverso, a fonte está tallada e calada con motivos vexetais, florais, xeométricos e figuras humanas. As gardas de óso presentan os mesmos motivos que a fonte. O país, de papel, é dobre. No anverso represéntase mediante a técnica do gouache varias escenas clásicas enmarcadas por medallóns, ao redor deles aparecen motivos florais e vexetais.
O craviño é de metal prateado. A virola é de metal dourado pintado en azul e branco cun motivo floral no centro. Voo: 156°.

Folla técnica

Número de inventario:
5340
Materia / Soporte:
Óso
Metal
Papel
Cronoloxía:
1801-1900
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Escena clásica
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 26 cm; Anchura = 2 cm
País: Altura = 13 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico