Imaxe:
Abanico
Folla técnica
Número de inventario:
3248
Materia / Soporte:
Óso
Nácar
Seda
Óso
Metal
Metal
Metal
Cronoloxía:
1801-1900
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Procedencia:
Asignación. Doazón: Terán, Matilde (18/08/1966)
Historial:
Recibo de doazón Nº S- 434.
Medidas:
Estoxo: Altura = 26,8 cm; Anchura = 3,4 cm
Gardas: Altura = 24 cm; Anchura = 1,4 cm
País: Altura = 13,2 cm
Técnica:
Témpera
Aplicación de abelorios
Bordado
Obxecto:
Abanico
Abanico e o seu estoxo. Abanico plegable de loito, realizado en óso con incrustaciones de nácar e con país de seda. As gardas están caladas, talladas e pintadas en cor dourada con motivos vexetais. A fonte, de óso, posúe incrustaciones de nácar e está calada, tallada e pintada en dourado con motivos vexetais, florais e animais (pavo real). O país, de seda, é dobre e posúe aplicacións de pequenos abelorios. Está pintado a man mediante a técnica do gouache. Na parte esquerda aparece un pavo real decorado con diminutos abelorios de cor verde e no resto do país diversos motivos vexetais e florais en tons azuis e violáceos. O reverso do país non posúe decoración algunha. A virola, o clavillo e a argola son de metal dourado. Voo: 170°.
O estoxo é de papel lacado en cor branca coa sobretapa forrada en rasa cor marfil.