Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1800[ca]-1850[ca]

Abanico pregable oriental (18 + 2) de carei e seda. O país é simple, nel bórdase unha paisaxe oriental con fío de seda onde aparece unha figura humana, unha arquitectura e un ave. As gardas e a fonte son de carei e están talladas e caladas con motivos vexetais, florais, figuras humanas e arquitecturas. A virola é de nácar branco, o claviño de metal dourado e a argola de metal prateado e gravado. Voo: 172°.

Folla técnica

Número de inventario:
5342
Materia / Soporte:
Carei
Nácar
Metal
Seda
Cronoloxía:
1800[ca]-1850[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Paisaxe
Figura. Animal
Temática orientalista
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 23,5 cm; Anchura = 1,8 cm
País: Altura = 13 cm
Técnica:
Bordado
Obxecto:
Abanico