Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1850[ca]-1875[ca]

Abanico plegable con varillaje (18+2) de marfil e país de dobre cara en gasa. No anverso, pintadas ao gouache, aparecen dúas figuras femininas con indumentaria goyesca que portan senllos abanicos (un aberto e o outro encartado). Os personaxes ocupan o centro do país e parte da fonte. No lado dereito do país, na parte inferior do anverso, aparece a firma do fabricante: COLOMINA. As gardas de marfil aparecen sen ningún tipo de ornamentación. O reverso do país presenta motivos vexetais pintados en cor dourada sobre téxtil negro. Voo: 140°.

Folla técnica

Número de inventario:
5459
Materia / Soporte:
Marfil
Latón
Cronoloxía:
1850[ca]-1875[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 23 cm; Anchura = 1,5 cm
País: Altura = 13,5 cm; Anchura = 42,5 cm
Técnica:
Témpera
Témpera
Gasa
Obxecto:
Abanico