Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1900-1910

Abanico plegable estilo modernista con varillaje (12 + 2) de óso con incrustaciones de nácar e país de seda. As gardas están caladas e talladas con róleos, motivos vexetais e florais. O país é simple, montado á inglesa. Decórase con motivos florais pintados a man coa técnica do gouache e pequenas aplicacións de abelorios. Dúas baleas do país son visibles no anverso e están tamén caladas e talladas con motivos vexetais e florais. A fonte ten aplicacións de nácar, róleos, motivos vexetais e florais. A virola é de latón dourado, o clavillo de metal e a argola de latón dourado.

Voo: 160°.

Folla técnica

Número de inventario:
5618
Materia / Soporte:
Óso
Óso
Tecido
Latón
Latón
Nácar
Seda
Cronoloxía:
1900-1910
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Vilas Durán, Francisco Javier (13/07/2007)
Historial:

DOGA 14/12/2007 Nº 241

Medidas:
Gardas: Altura = 24,5 cm; Anchura = 2,5 cm
País: Altura = 13,5 cm
Técnica:
Témpera
Aplicación de abelorios
Obxecto:
Abanico