Imaxe:
Abanico
Folla técnica
Número de inventario:
5481
Materia / Soporte:
Óso
Óso
Metal
Latón
Papel
Cronoloxía:
1790-1810
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Anchura = 25 cm
Gardas: Altura = 24,6 cm; Anchura = 1,7 cm
País: Altura = 14,4 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico
Abanico plegable con varillaje (17+2) de óso. No anverso, a fonte está calada e tallada con motivos vexetais, xeométricos e figuras masculinas, mentres que o reverso non presenta tallado nin aparecen figuras humanas. As gardas están caladas, talladas e presentan de novo motivos vexetais, xeométricos, florais e unha figura humana. O país, de papel, é dobre. No anverso, aparece representada unha escena pastoril rodeada por motivos florais e vexetais. No reverso, preséntase, probablemente, unha intervención posterior sobre o orixinal pintada a man con témpera. O ribete é dobre e está pintado en cor dourada. O clavillo e a virola son de latón dourado. Voo: 130 °.