Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1790-1820

Abanico plegable de tipo imperio, con varillaje (20 + 2) de óso. No anverso, a fonte está calada con motivos vexetais e xeométricos e tallada con figuras humanas. O reverso da fonte unicamente preséntase calado. As gardas están talladas con retratos en perfil e caladas con motivos vexetais e xeométricos. A garda dereita posúe unha peza circular, realizada en metal dourado con incrustaciones de cristais de distintas cores. O país é dobre. O anverso está realizado en papel e decorado cunha escena de paisaxe, pintada ao gouache, protagonizada por tres figuras femininas e un can. Rodeando a escena, a modo de orla, motivos vexetais, florais e xeométricos en diversas cores, con pequenas aplicacións de nácar. O reverso está pintado ao gouache con motivos vexetais e florais en diversas cores. O ribete é unha liña continua de papel que morde as dúas caras do país, pintada en cor dourada.

O clavillo é de metal prateado e a virola é de nácar de cor marrón. Voo: 140°.

Folla técnica

Número de inventario:
5341
Materia / Soporte:
Óso
Metal
Nácar
Papel
Pel de cabritilla
Cronoloxía:
1790-1820
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Escena campestre
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 25,4 cm; Anchura = 1,8 cm
País: Altura = 16 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico