Imaxe:
Abanico
Folla técnica
Número de inventario:
5347
Materia / Soporte:
Marfil
Papel
Latón
Metal
Cronoloxía:
Abanico: 1850[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 23 cm; Anchura = 2,6 cm
País: Altura = 11,5 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico
Abanico pregable tipo mil caras con varillaxe (14 + 2) de marfil. A fonte está calada e tallada con motivos xeométricos, vexetais, florais, arquitectónicos e figuras humanas. As gardas presentan a mesma decoración. O país de papel é dobre. En ambas as caras represéntanse escenas palaciegas realizadas coa técnica do gouache, onde aparecen multitude de personaxes distribuídos en terrazas. As roupaxes son de seda superposta e as caras son de marfil pintado. As escenas remátanse cunha estreita cenefa con motivos florais. O ribete é unha liña continua realizada en papel dourado que morde ambas as caras do país. A argola é de latón e o craviño de metal, ambas as pezas douradas. Voo: 190°.