Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1890-1900

Abanico plegable tipo pericón con varillaje (11 + 2) de madeira e raso. A fonte está realizada en latón dourado e decorada con motivos xeométricos calados. As gardas son de madeira imitando o bambú e no extremo teñen unha aplicación en latón dourado calado con formas xeométricas. O país é dobre, de raso, está decorado con motivos florais e vexetais realizados coa técnica do gouache. O reverso é de fibra téxtil e non posúe ornamentación algunha. O ribete que une ambas as caras do país é un tecido que forma unha liña contínua de cor negra. A argola é de latón dourado, o clavillo de metal prateado e a virola de nácar branco. Voo: 180 °.

Folla técnica

Número de inventario:
5483
Materia / Soporte:
Madeira
Latón
Metal
Nácar
Cronoloxía:
1890-1900
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 33 cm; Anchura = 1,8 cm
País: Altura = 22 cm
Técnica:
Satén
Témpera
Tecido
Obxecto:
Abanico