Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1900-1915

Abanico plegable tipo pericón con varillaje (15 + 2) de madeira e gasa pintada. No anverso, a fonte ocupa menos dun terzo do abanico e está tallada con motivos vexetais pintados de dourado, prateado, azul e vermello. As gardas están caladas, talladas e pintadas igual que a fonte. O país é a dobre cara, de gasa azul. No anverso a folla, posúe dúas escenas diferenciadas nas que se representan paisaxes nocturnas pintadas coa técnica do gouache. A escena esquerda acolle unha representación dunha paisaxe de montaña cunha casa. Na escena dereita represéntanse dúas aves nun lago coa lúa ao fondo. Enmarcados por aplicacións de fío dourado, abelorios dourados e motivos vexetais pintados a man en tons dourados e cobrizos. O reverso preséntase sen ornamentación algunha. O ribete está cosido, a argola é de latón prateado e o clavillo é de metal. Voo: 140°.

Folla técnica

Número de inventario:
5480
Materia / Soporte:
Madeira
Latón
Metal
Cronoloxía:
1900-1915
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Figura. Animal
Paisaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 28,3 cm; Anchura = 2,4 cm
País: Altura = 19,5 cm
Técnica:
Témpera
Aplicación de abelorios
Gasa
Obxecto:
Abanico