Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1860[ca]

Abanico plegable estilo isabelino con varillaje (10 + 2) de nácar e papel. No anverso, a fonte está decorada con motivos vexetais calados, gravados e pintados en tons negros, cobrizos e dourados. As gardas están tamén decoradas como o anverso da fonte. O país, é dobre, realizado en papel decorado coa técnica litográfica e pintado ao gouache. No anverso represéntase unha escena galante cun fondo arquitectónico enmarcado nunha orla vexetal pintada en cor dourada. O reverso repite este esquema compositivo, pois a zona central acolle unha escena galante e enmárcase cunha orla dourada con motivos vexetais e florais. O ribete é unha liña contínua pintada en dourado por ambas as caras do país.O clavillo está relaizado en metal dourado e a virola é de nácar. Voo: 140°.

Folla técnica

Número de inventario:
5473
Materia / Soporte:
Nácar
Metal
Papel
Cronoloxía:
1860[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Escena galante
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 26,6 cm; Anchura = 3,1 cm
País: Altura = 13,3 cm
Técnica:
Litografía
Témpera
Obxecto:
Abanico