Imaxe:
Abanico
Folla técnica
Número de inventario:
5470
Materia / Soporte:
Madeira
Latón
Metal
Cronoloxía:
1890[ca]-1910[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 18,3 cm; Anchura = 1,3 cm
Balea: Altura = 18,3 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico
Abanico plegable de tipo baralla con varillaje (28 +2) de madeira pintada e calada con motivos xeométricos e vexetais. No anverso, aparecen dúas escenas enmarcadas de maneira individual, a representación esquerda está protagonizada por unha figura infantil que ofrece flores a unha figura feminina nun contexto campestre; a representación dereita repite a temática intercambiando a figura infantil por un personaxe masculino. As gardas son de madeira calada con motivos vexetais e pintadas na parte da guía por ambas as caras. O motivo pintado no anverso das guías é un ave que porta grilandas de flores. No reverso das gardas, na parte das guías, represéntanse motivos vexetais e florais. No reverso do varillaje repítese o esquema compositivo de dous rexistros pintados coa técnica ao gouache nos que se representan pequenas aves que portan á esquerda unha grilanda e á dereita un cesto con flores.
A argola e a virola son de latón dourado. O clavillo é de metal prateado.
Voo: 160 °