Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
Abanico: 1910[ca]

Abanico pregable, serie boneca, montado á inglesa, con varillaxe (15 + 2) de bambú e papel. As gardas son de bambú, sen decoración algunha. O país está decorado mediante a técnica do gouache cunha escena na que aparecen tres figuras vestidas á moda oriental, ao fondo apréciase un lago. O ribete está pintado unicamente no anverso do abanico. A argola é de latón dourado, e o craviño e a virola de metal prateado. Voo: 150°.

Folla técnica

Número de inventario:
5366
Materia / Soporte:
Bambú
Papel
Latón
Metal
Cronoloxía:
Abanico: 1910[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Temática orientalista
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 9 cm; Anchura = 0,7 cm
País: Altura = 3,8 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico