Imaxe:
Aldea gallega
Folla técnica
Número de inventario:
674
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Cronoloxía:
1908[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo de Pontevedra (04/08/1947)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano:1991. Antolóxica de Serafín Avendaño. Sede: Centro Cultural Caixavigo, Vigo. 29-oct. Ao 1-dic.
Ano 1992. Serafín Avendaño 1837-1916. Caixa Nova, Vigo
Ano 2013: Rosalía de Castro. No principio foi o verso. Fundación Rosalía de Castro. Sede: Fundación Barrié, Vigo, 15-05-2013 a 15-09-2013.
Medidas:
Con marco: Altura = 36 cm; Anchura = 29 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 24 cm; Anchura = 16,4 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Partindo inicialmente de conceptos románticos e sendo coñecedor das composicións e solucións técnicas da escola de Barbizon e Corot ou do estilo realista de Haes e Beruete. Serafín Avendaño desembocará finalmente nun estilo moi persoal de marcado luminismo, adquirido a partir do seu establecemento en Italia, onde comparte inquietudes cos integrantes da Scuola grigia.
En 1893, antes de regresar definitivamente a Galicia, inicia unha frutífera colaboración coa revista ilustrada Blanco e Negro, que continuará ata 1911. Nese contexto pinta numerosas escenas tipicamente galegas, como esta Aldea galega, na que destacan, o encadre fotográfico que dá á composición e que é tan imitado pola pintura do momento, e, o tratamento da luz onde o artista plasma o seu persoal estudo luminista contrapoñendo planos de intensa luz solar xunto a outros de sombras coloreadas, procedemento ao que recorreran e difundiran os impresionistas de modo persistente.
Durante os anos en que Avendaño colabora coa revista Blanco e Negro está xerminando unha nova estética de sensibilidade identitaria en Galicia coa que podemos entroncar esta obra a través do cruceiro e a ambientación e indumentaria costumista.