Imaxe:

Bajada a la playa (Guethary)

Autores/as:
Cronoloxía:
1881[ca]

 

Nas numerosas saídas estivais que realiza pola xeografía española e europea Haes pinta directamente do natural infinidade de pequenos estudos de efectos moi realistas deixando así un amplo rexistro de recunchos paisaxísticos como este de Guethary. As estacadas (como cercados rurais ou vellos embarcadoiros costeiros), serán un motivo que aínda sendo insignificante Haes vai representar insistentemente en especial na súa viaxe á zona francesa de Villerville. Non hai que esquecer que  era un bo coñecedor da pintura de paisaxe holandesa do XVII e as estacadas foran un motivo moi recorrente en pintores como Jacob Van Ruysdael (Muíño de Wijk) ou o mesmo John Constable nas súas escenas da campiña inglesa xa na primeira metade do XIX.

Neste momento o artista tende a concretar máis os elementos da paisaxe achegándoos ao primeiro plano como o caso destes cercados que practicamente as singulariza como elemento protagonista a pesar da súa banal significancia. Haes a miúdo tamén as utiliza como un recurso compositivo, neste caso, crea con elas un dinámico xogo aliñándoas en sorpresivos cruces de direccións paralelas diagonais ou perpendiculares ata convertelo nun espazo artificiosamente fragmentado.

Ese dinamismo compositivo Haes poténciao cos efectos do tratamento luminoso, aínda que é menos vibrante que o que realizaba nos anos anteriores en España a plena luz de mediodía, este cadro segue sendo colorista de marcados contrastes cromáticos orixinados pola forte incidencia da luz, nun alarde de mostrar a benigna climatoloxía do mediodía francés (Guethary) fronte aos plomizos ambientes atmosféricos das zonas máis norteñas. 

De execución rápida e directa a base de grandes e enérxicas pinceladas moi empastadas, este cadro mostra os avances do pintor no tratamento técnico da materia como recurso lumínico e de reprodución realista da natureza, encamiñando definitivamente a paisaxística española cara a unha senda de modernización sen precedentes.

 

Folla técnica

Número de inventario:
35
Materia / Soporte:
Lenzo
Cartón
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1881[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (17/02/1928)
Historial:

Depositado polo extinto Museo de arte Moderna, por R. O. 17-02-1928.
EXPOSICIÓNS:
Ano 2014: Auga doce, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, 21-03-2014 a 14-09-2014.

Medidas:
Lenzo: Altura = 28 cm; Anchura = 40 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro