Imaxe:

Cabeza de mujer

Autores/as:
Cronoloxía:
1971

Na obra de Lago a presenza feminina vai gañado protagonismo como tema a medida que se penetra na súa faceta puramente figurativa, adquirindo entidade propia ata conformar algunhas das series máis representativas da súa produción. Os seus retratos parecen estar sempre distantes, coa mirada perdida, sen contacto algún co espectador e nos que, por suposto, borrou calquera signo de individualización. A neutralidade formal que caracteriza a este autor tamén está presente nestas composicións, ben cando individualiza á figura en actos cotiáns ou cando se trata de figuras illadas como a que está representada no lenzo.

Folla técnica

Número de inventario:
5236
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Autores/as:
Cronoloxía:
1971
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 50 cm; Anchura = 41 cm
Lenzo: Altura = 33,5 cm; Anchura = 24 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro