Imaxe:

Canapé

Autores/as:
Cronoloxía:
1825-1840

Canapé isabelino de forte ondulación de tres lobulos: o central está coroado por unha cuncha flanqueada por catro flores. Os brazos apóianse sobre dous rodetes e a súa fronte está recuberta por unha decoración bidimensional de tipo primitivista, representando unha ave que se inclina sobre unha viña, picoteando un acio de uvas. Os pés están constituídos por rectángulos rematados por semicírculos concéntricos e o bordo inferior da parte central está traballado en forma de drapeado. As partes internas están tapizadas cunha tea de cor palliza.

Folla técnica

Número de inventario:
3640
Materia / Soporte:
Madeira
Fibra téxtil
Contexto cultural / Estilo:
España. Reinado de Isabel II (1833-1868)
Autores/as:
Cronoloxía:
1825-1840
Clasificación:
Mobiliario
Procedencia:
Asignación. Doazón: Blanco Taboada, Telesforo (02/11/1979)
Medidas:
Altura = 110,5 cm; Anchura = 221,5 cm; Profundidade = 59 cm
Obxecto:
Canapé