Imaxe:

Canónigos

Cronoloxía:
1934[ca]-1937[ca]

Sobre unha base elíptica cuxa parte frontal está decorada con alternancia de vieiras e cruces de Santiago en relevo, aparecen cinco cóengos da catedral compostelá en actitude de pasear e vestidos con sotanas negras. Nas sotanas, á altura do peito, levan, cada un deles, a cruz de Santiago en cor vermella. Parece que, como a obra orixinal en madeira, tratábase de auténticos retratos que representan, de esquerda a dereita: D. Jerónimo Coco Morante, D. Constante Amor Naveiro (párroco da igrexa de Santa María Salomé), D. Claudio Rodríguez García, Don Manuel Caeiro Sobrado e D. Anxo Amor Ruibal.

Esta peza é unha creación de Francisco Asorey, colaborador da fábrica xunto a outros escultores e pintores galegos. Realízaa en 1934 inspirándose nunha escultura en madeira policromada da súa primeira época, Cabaleiros negros, modelada no Ano Santo de 1915 segundo unha inscrición que conserva o bosquexo, que presentaría no Salón de Humoristas de Madrid de 1916 e na Exposición Rexional da Coruña de 1917. Este conxunto relacionouse en numerosas ocasións con obras como Os burgueses de Calais de Rodin (A escultura en madeira está citada e reproducida no Catálogo de Exposición, Centenario Francisco Asorey, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1989, p. 45, Lám. 7.)

Folla técnica

Número de inventario:
5175
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Cronoloxía:
1934[ca]-1937[ca]
Clasificación:
Cerámica
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Xacobea
Figura. Masculina
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Rodríguez López, Montserrat (20/12/2001)
Historial:

NOTAS: A peza deposítase no museo o 17 de febreiro de 1997 e posteriormente é adquirida a Xunta de Galicia.

Medidas:
Figura: Altura = 20,5 cm; Anchura = 32 cm; Profundidade = 9 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Engobado
Pintado
Obxecto:
Figura