Imaxe:

Cesta con setas

Cronoloxía:
1985[ca]

Un tema moi representado por esta pintora ao longo da súa produción, sobre todo nos anos oitenta, é o da cesta de cogomelos, situadas tanto no campo como nun interior, sobre unha mesa. A composición do espazo pictórico de forma moi coidada, dispoñendo algúns cogomelos fose do cesto para achegar uns puntos de vista diferentes, constitúe un perfecto pretexto para realizar un estudo formal e cromático de cada elemento. Nestes anos a súa paleta caracterízase pola utilización de tons múltiples dun mesmo cor, neste caso os ocres amarelos, producindo un efecto visual cheo de lirismo, complementado pola tenue luminosidade, que que baña a escena e crea o espazo e a atmosfera.

Folla técnica

Número de inventario:
5254
Materia / Soporte:
Tablex
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1985[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 55,2 cm; Anchura = 64 cm; Profundidade = 4 cm
Taboleiro: Altura = 46,4 cm; Anchura = 55 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro