Imaxe:

Cesto con frutas

Cronoloxía:
1978

Nos anos setenta comeza o seu interese por temas máis íntimos nos que plasmar a súa mirada interior para lograr unha visión contemplativa. Dedícase de cheo ao estudo das naturezas mortas ou os interiores, como o pintor afacía chamalos. Se nos anos anteriores pintaba a natureza a partir de bosquexos, agora pinta do natural no interior do seu estudo. Nunha coidada e sinxela composición, estrutura o espazo en dous partes: o fondo, escuro, neutro e indefinido, e o soporte, a mesa simplificada nunha liña, sobre a que dispón a cesta na que agrupa as froitas. Cos efectos da luz intensa dirixida as froitas adquiren volume, corporeidade e calidades táctiles, inmersas nunha atmosfera de gran intimidade.

Folla técnica

Número de inventario:
5247
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1978
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal. Froitos
Bodegón
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 56,4 cm; Anchura = 93,2 cm
Taboleiro: Altura = 53,3 cm; Anchura = 89,8 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro