Imaxe:
Costado de la Capilla Mayor de la Catedral de Toledo
Folla técnica
Número de inventario:
3930
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1844
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Procedencia:
Asignación. Doazón: Fundación Pedro Barrié de la Maza (12/12/1991)
Historial:
Doazón da Fundación Barrié. (Adquirido a D. Ricardo Martínez). (Estampas soltas da serie España Artística e Monumental, nºs de inventario: 3924 a 3931)
Medidas:
Papel: Altura = 564 mm; Anchura = 497 mm
Técnica:
Litografía
Obxecto:
Estampa
Escena popular no interior da Catedral de Toledo; enmarcada pola arquitectura gótica. Á fronte unha arquería gótica a modo de galería, que soporta un corpo superior de arquería cega na que existen 12 esculturas de personaxes medievais. Remata a súa arquitectura un corpo de 11 pequenos arcos flamígeros en cuxos vértices existen pequenas figuras de anxos. Entre cada un deses pequenos arcos hai un pináculo gótico rematado á súa vez por outra fronte de anxos. Todo queda enmarcado pola silueta de 4 pares de columnas da catedral, cuxos remates se curvan na bóveda.