Imaxe:

Cristo en la cruz

Autores/as:
Cronoloxía:
1605[ca]-1624[ca]

ATRIBUÍDO A LUIS TRISTÁN

 

Sobre un fondo de paisaxe no que se ve ao fondo a cidade de Xerusalén, unha sinxela composición na que destaca a figura de Cristo na cruz, coas pernas cruzadas e catro cravos nos pés, o pano de pureza atado á dereita e unha caveira aos seus pés. Seguindo as recomendacións de austeridade que se establecen no Concilio de Trento, a arte barroca descartará as composicións medievais cheas de personaxes que distraían a contemplación do motivo principal e aparece a figura solitaria de Cristo na cruz. Por outra banda o predominio realista do barroco representa plenamente o sufrimento humano do Fillo de Deus, Cristo represéntase aínda vivo, botando a cabeza cara atrás e elevando os ollos ao ceo exhala o seu último suspiro. Os pintores fieis aos evanxeos mostran as tebras invadindo a terra no momento en que Jesús expira. A caveira aos pés da cruz evoca a lenda medieval de que nese mesmo lugar estaba enterrado Adán, converténdose nun símbolo que indicaría ao cristián que Jesús co seu sacrificio salva á humanidade do pecado orixinal.

Folla técnica

Número de inventario:
276
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1605[ca]-1624[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:

Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado. Referencias en, Etiquetas na parte posterior: Xunta Delegada de Incautación Protección e Salvamento do Tesouro Artístico.
Na tablilla que estaba na parte inferior do anverso do marco catalogábase como obra atribuíble a Luís Tristán.

Medidas:
Con marco: Altura = 67,5 cm; Anchura = 42,8 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 58 cm; Anchura = 33 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro