Imaxe:

Cullerón

Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera época)

Cullerón con decoración estampada en cor negra sepia composta por viñeta central de paisaxe fantástica orientalizante. Neste caso a decoración adáptase ao espazo que deixa a forma do obxecto e polo tanto o motivo sofre bastante simplificación. Aínda así, a súa composición séguese inspirando no mesmo esquema estereotipado das paisaxes orientais de influencia inglesa coñecidas como chinoiseries.
O decorado principal da serie chinesca adoita aparecer acompañado por orla tamén chinesca, mais con todo, tal como ocorre nos bordos e mango deste cullerón, tamén pode ser complementado coa orla de empedrados.
Aínda que en Sargadelos a decoración chinesca máis difundida foi a estampada nos distintos azuis (cobalto intenso) nítidos ou fundidos, tamén se poden atopar pezas estampadas en cores violáceas e negro-sepia como se aprecia neste diminuto cullerón.

Folla técnica

Número de inventario:
4215
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Temática orientalista
Orla de empedrados
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

Medidas:
Cullerón: Altura = 7 cm; Lonxitude = 15,5 cm; Anchura = 6,8 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Cocción
Vidrado
Obxecto:
Cullerón