Imaxe:

Dama con perrito

Cronoloxía:
1550[ca]-1565[ca]

Retrato feminino de máis de medio corpo sobre fondo escuro. A dama cobre a cabeza cunha cofia branca e viste unha camisa con pequena gola e saia negra aberta. Nas súas mans sostén un canciño branco. No retrato desta dama observamos notas características da pintura flamenga como son: a obxectividade da representación plasmada no detallismo dos encaixes, a defensa da austeridade que se traduce na ausencia de adornos e a análise psicolóxica do personaxe retratado. A presenza do can, que engade unha nota de familiaridade, pode simbolizar a fidelidade e indica ademais as preferencias das elites sociais e da burguesía por estes animais. Pintores como o flamengo Nicolas Neufchâtel, contribuíron durante o Renacemento a desenvolver as posibilidades dun novo xénero pictórico, o retrato, que supuxeron un avance no modo de representar ao individuo ao outorgarlle un maior valor á captación da súa condición humana. Todo iso favoreceu o xurdimento do tipo de retrato individual, con figuras en posición de medio perfil para suxerir a existencia de espazo, coas mans visibles, concentrado no rostro e sobre un fondo neutro.

Folla técnica

Número de inventario:
254
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Cronoloxía:
1550[ca]-1565[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Formaba parte da colección de Felipe IV no Real Alcázar de Madrid, (Martínez-Barbeito, I. (1957): Catálogo, p. 54.). pasando ao Museo del Prado, que o deposita no Concello da Coruña desde Abril de 1942 ata a apertura do Museo de Belas Artes, por O. M. de 19- 12- 1941.
Expúxose no ano 1955 na Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Pazo Municipal. 2 Setembro. Concello da Coruña. / Ano 1958: Pazo Municipal. 6 setembro. Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Concello da Coruña.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1984: Pintura Flamenga do S. XVI. Museo do Prado.

Medidas:
Con marco: Altura = 89 cm; Anchura = 71,7 cm; Profundidade = 5,5 cm
Táboa: Altura = 77 cm; Anchura = 57 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro